IA xenerativa ao servizo da creatividade
+ideas
-límites
Ti pos
a chispa,
nós o lume.
Transformamos o teu chispazo creativo en proxectos que arden en innovación. Menos estrés, máis ideas e sempre coa calidade humana que define o teu talento.
A Creatividade é infinita, pero o tempo non | As Axencias Creativas de Galicia enfróntanse a retos constantes: máis contidos, prazos máis curtos e clientes máis esixentes. Con xenIA atoparás a solución perfecta con Intelixencia Artificial para ser máis rápido, eficiente e innovador sen perder a Calidade Humana. |
A nosa filosofIA
Non é só tecnoloxía, é talento galego | Sabemos que a IA é unha ferramenta poderosa, pero nunca substitúe a creatividade humana. Cunha dirección artística, estratéxica e persoal, en xenIA combinamos o mellor da intelixencia artificial coa paixón e a autenticidade para ofrecer solucións innovadoras ás axencias galegas.
| Somos o teu socio tecnolóxico para ser máis áxil, máis eficiente e máis creativo.
| Potenciamos o teu talento, aforrando tempo e custos sen perder calidade.
| As túas ideas voan máis alto, pero sempre coa esencia da túa axencia.
Onde a IA potencia o talento creativo
Xeración de Contidos e Creatividade | Creación de textos publicitarios e claims impactantes | Desenvolvemento de contidos para redes sociais e campañas | Artigos, blogs e guións para proxectos multimedia.
Xeración de Imaxes ou Deseño Gráfico Automático | Imaxes personalizadas e gráficos baseados en descricións | Mockups rápidos para presentacións ou campañas.
Automatización de Marketing e Publicidade | Xeración de copies optimizados | Segmentación intelixente de audiencias | Análise de tendencias e comportamento do consumidor.
Community Management con IA | Respostas automáticas personalizadas | Creación de calendarios editoriais baseados en tendencias.
Novas Posibilidades | Propostas interactivas: Uso de chatbots creativos para eventos ou campañas | Análise visual: IA para detectar tendencias en deseño ou branding | Tradución creativa: Adaptación de campañas a varios idiomas mantendo o seu ton.
MetodoloxIA de Traballo
En xenIA, cada proxecto comeza con Rocío, liderando un equipo diverso de creadores especializados en IA e creatividade publicitaria. Ofrecmos solucións adaptadas a cada proxecto único, que combinan a potencia da IA cunha dirección artística clara e profesional. Traballamos contigo para analizar as túas necesidades, entendendo que en cada caso son diversas e complexas. Podendo facer así estimacións realistas de tempos e orzamentos, sempre cun enfoque colaborativo, asegurando resultados excepcionais.
Que ofrecemos | Dirección de arte e creatividade colaborativa para potenciar os teus proxectos. | Alianza estratéxica e tecnolóxica con unha perspectiva nova | Uso avanzado de ferramentas como ChatGPT, MidJourney, Adobe Firefly, Jasper, entre outras | Selección de modelos e técnicas de prompting adaptadas a cada proxecto | Dominio de ferramentas como Adobe Creative Cloud para a integración de técnicas tradicionais e xenerativas | Experiencia na aplicación de IA en proxectos publicitarios, adaptada ás necesidades concretas das axencias creativas.
Análise e Planificación Personalizada | Comezamos cunha reunión co cliente para identificar obxectivos, necesidades e expectativas. Refinamos os briefings para garantir que reflicten as súas metas e mostramos as posibilidades da IA xenerativa para o seu proxecto.
Execución Creativa e Supervisión | Coordinamos un equipo multidisciplinar especializado de creadores con IA Xenerativa, que combina o uso de ferramentas e modelos avanzados (texto, imaxe, vídeo, etc.) coa dirección artística humana | Creamos propostas a partir de insights e conceptos estratéxicos, xerando textos publicitarios, deseños gráficos ou materiais multimedia a medida.
Calidade e Perfeccionamento | Supervisamos cada entrega para cumprir os estándares de calidade esixidos. Cando é necesario, o noso equipo interfire directamente, retocando ou mellorando os resultados de forma manual para garantir un produto óptimo final.
Exploración e Innovación | Traballamos de forma continua co noso equipo de formación para explorar e implementar novas técnicas de IA xenerativa. Compartimos estas innovacións cos nosos clientes, permitindo que alcancen un nivel de creatividade superior nos seus proxectos.
xenIA é… xenial
Somos como un… Compañeiro Creativo | Que axuda a superar bloqueos e a explorar novas ideas innovadoras e orixinais. Potencializamos o teu talento para garantir resultados excelentes.
Eficiencia e Adaptabilidade… Sen misterio | Aforro de tempo e recursos, con solucións personalizadas para cada cliente.
Contexto Cultural… Controlado | Entendemos as particularidades do mercado galego e como xerar contidos relevantes tamén para audiencias máis locais.
Xa o decía Valle Inclán… Ética | “A ética é o fundamental da estética.” O noso firme compromiso coa ética e a transparencia no uso da Intelixencia Artificial. Conectados con AESIA e o seu marco normativo e ético para o despregamento da IA.
Sobre todo… con Calidade Humana | En xenIA, a calidade humana comeza con Rocío, que lidera este proxecto con paixón e o obxectivo de que as axencias creativas sintan que non só traballan cunha ferramenta innovadora, senón cun equipo próximo que entende e potencia o seu talento. Insistimos, a IA xenerativa é unha ferramenta poderosa que pode revolucionar a forma en que as axencias traballan, eleva e complementa o enxeño humano, pero non o substitúe.
Pide a túa clave para ver os nosos traballos
Vaia traballeira…
En xenIA, transformamos o teu chispazo creativo en proxectos que arden en innovación. Menos estrés, máis ideas e sempre coa calidade humana que define o teu talento. Queres ver o que somos capaces de facer? Claro que si… Aquí non hai límites… só unha porta que abrir.
Feito con ❤ por xenia.gal
Copyright © 2024 | Dereitos de autor
As fotos artísticas desta páxina web foron creadas por nós con Intelixencia Artificial